De salvaxe a doméstico

A domesticación do cabalo veu dada pola selección artificial en uns xenes concretos
8 Xaneiro 2015
Cabalos salvaxes

Dende que se domesticou, fará uns 5.500 años, a case extinción dos cabalos salvaxes foi en aumento, e a xenética da súa domesticación foi difícil de reconstruír.Estes animais proceden do Norte América e se supón que de alí emigraron a Sudamérica e Asia e, a continuación, a Europa e África. Un traballo publicado este mes en PNAS, demostra que na domesticación do cabalo produciuse unha selección positiva de xenes implicados na locomoción, a fisioloxía e a cognición. Pero esta trouxo consigo unha serie de problemas, entre os que destacan o exceso de mutacións deletéreas, que soen presentarse nos xenes recesivos e que traen consigo unha diminución da capacidade do individuo para sobrevivir, e moitas outras que orixinaron unha gran perda da diversidade, como ocorreu tamén con cereais como o arroz e outros animais domésticos como os cans.
Os investigadores secuenciaron o xenoma de antigos cabalos orixinarios de Rusia a partir de ósos fósiles de 16.000 a 43.000 anos que compararon cos de cinco especies actuais de cabalos domesticados, así como o xenoma do cabalo de Przewalski, a única raza salvaxe que non se extinguiu.

Doma clásica

Estas comparacións mostraron que os cabalos domesticados comparten más similitudes xenéticas cos seus antecesores salvaxes que co Przewalski, concretamente entre o 13 e o 60% do seu xenoma procedería de especies extintas, o que quere dicir que a gran maioría das razas domesticadas descenden de antigas poboacións equinas desaparecidas. Ademais, o estudio identificou un conxunto de xenes sobre os que tivo máis influencia a domesticación, en particular aqueles vinculados co desenvolvemento muscular e límbico, as articulacións e o sistema cardíaco, e outros relacionados co comportamento social do cabalo, as súas capacidades de aprendizaxe e o medo ou o pracer.

Hoxe en día, aínda que case exclusivamente en ecosistemas pechados como os refuxios, podemos ver cabalos salvaxes como os cimarrón ou asilvestrados, que son aqueles que viven en estado salvaxe pero que teñen antecesores domésticos, entre os que destacan os mustang de Norteamérica e que se caracterizan por vivir en grupos liderados por un macho dominante.