Rutas científicas: Burgos e Palencia
Este pasado outubro do ano 2012, algúns alumnos/as do Asorey tivemos a oportunidade de participar no Programa das “Rutas Científicas”, que nos pareceu unha oportunidade única e a que poucos centros teñen a sorte de asistir.
As Rutas Científicas consisten en convivir nun lugar fóra da nosa comunidade autónoma con outro centro doutro lugar de España durante unha semana, e realizar xuntos actividades relacionadas coa ciencia e a tecnoloxía. A nós tocounos ir a Palencia (Comunidade de Castela León) e convivir alí con alumnos/as de bacharelato dun centro de Ceuta. As diversas actividades que realizamos comezaron cunha visita a cidade de Palencia. Ó día seguinte fomos a Burgos ,visitamos o museo da evolución humana e paseamos pola cidade (isto é do que imos falar na nosa presentación, que a fixemos o último día cos nosos compañeiros de Ceuta). Esa mesma tarde visitamos a fábrica de Renault, onde vimos todo o proceso de elaboración dun coche. No regreso a Palencia estabamos cansos, pero iso non foi motivo para que os monitores suspendesen o paseo por Palencia que non necesitabamos. Ó chegar a residencia, tivo lugar unha presentación de ambos centros onde cada un falaba sobre o seu lugar de residencia, acompañada co intercambio de diversos agasallos. Do resto da excursión xa vos irán contando os nosos compañeiros.