Ruta Bascuas-Magor

5 Abril 2012
Bascuas1

Unha ruta lineal, de 2 km, pola costa do mar aberto entre as rías de Arousa e Pontevedra. Recomendada coa marea baixa.

Pódese facer comenzando na praia de Bascuas e rematar na punta das Estofallas ou á inversa. A volta, para variar poderíase facer pola estrada ou camiños interiores.

Para gozar dunha boa camiñada por lugares pouco habituais (o rochedo na baixamar), da paisaxe e as forzas que a modelan, e dunha ampla e sorprendente diversidade xeolóxica: os sedimentos pregados, retorcidos e metamorfizados; as formas e as pegadas da oscilación do nivel do mar ao longo do tempo e a variedade de minerais e rochas. Todo esto complementado cunha rica flora e fauna asociadas aos cantís e ás dunas, e pechando os ollos ás incontables agresións, sobre todo urbanísticas, que pelexan por estragalo.

Algúns temas de interese:

Xeoloxía:

-Actividade interna: pregues, fallas, distintos tipos de rochas e minerais, cambios de nivel na rasa, praias fósiles...

-Rochas e minerais: neis, arenitas, arxilas, conglomerados, xistos, andalucitas, quiastolitas, seixo...

-Acción do mar sobre as rochas e sobre a area: erosión diferencial, derrubes, ondulación na area, barras...                

-Acción do vento: dunas, rochas puídas...

-Auga dóce: pequeno curso dun río en Magor, desembocadura en fervenza en Pragueira, derrubes nos terrapléns do cantil...

Ecoloxía:

-Adaptacións dos seres vivos aos distintos medios: rochas, area, zonas do litoral...

-Acción do ser humano: pesca, marisqueo, turismo, construccións...

Imaxe/plástica:

-Formas, cores, texturas nas rochas, na area, na auga....

-Xogos de auga e pedra, auga e area...

bascuas-ruta