Rosetta

3 Decembro 2014
Rosetta

O pasado 12 de novembro, a sonda Rosetta ía deixar o seu lander Philae sobre un cometa. Rosetta é unha misión antiga, deseñada nos anos 90 do século XX e construída nos primeiros anos dos 2000. Os 21 instrumentos científicos que leva non son españois, xa que daquela, aínda que existían algunhas universidades e organismos que participaron nalgún instrumento ou traballaron intensamente en misións planetarias, non se tiña un coñecemento suficiente para crear un instrumento completo.

Na parte da enxeñería hai moitos españois e de alto nivel traballando nos equipos de control e dinámica do voo de Rosetta e coordinando as operacións científicas. Tamén deuse apoio na enxeñería do software e estase presente na área de calidade, así coma na xestión e difusión de arquivos da misión. Ademais, varias empresas fabricaron subsistemas do satélite.

O “acometizaxe” é o reto da enxeñería máis difícil da misión, xa que o descenso é único. Se pasa de largo ou Philae se estampa durante a aterrizaxe, será o final para o robot.

Rosetta dou varias voltas arredor do sistema solar ata chegar ao seu obxectivo. Para perseguilo houbo que levala moi lonxe, ata a órbita de Xúpiter e os seus paneis solares non deron suficiente enerxía, polo que houbo que parala case tres anos para volver activar os sistemas.

Esta é a única misión xa que ademais de aterrizar sobre un cometa, tamén por primeira vez logrouse orbitar en torno a este tipo de obxectos. Outro aspecto que se podería considerar como único é seguir a evolución dun obxecto deste tipo durante tanto tempo e tan preto, a pesar de atoparse a uns 400 millóns de quilómetros da Terra.

O traballo é moi intenso, pero os resultados son impresionantes, en gran parte polas imaxes do cometa. No tema da gravidade, é unhas 10.000 vecesd menor que no noso planeta. Por poñer un exemplo, unha persoa de 80 quilogramos, alí pesaría 8 gramos. Tamén, unha acción que aquí sucedería en cuestión de segundos coma un desprendemento de rochas nos Pirineos ou calquera outra montaña terrestre, alí podería tardar unhas horas.

Rosetta1