A roseira

31 Outubro 2013
rosa

As rosas son unhas das flores máis populares que se empregan para adornar nos xardíns ou como flor de agasallo.

As roseiras son arbustos do xénero Rosa e da familia das Roseceae  con máis de 100 especies e 30.000 variedades. Moitas  delas son nativas de Asia. Poden ser arbustos erectos, plantas trepadeiras ou rastreiras.

Empréganse como plantas ornamentais, a flor para decoración, agasallo, usos medicinais, gastronómicos e en cosmética.