A romería da Armenteira

4 Maio 2011
Armenteira

O luns de Pascua celebrouse, como todos os anos, a festa da Armenteira coñecida tamén como romería da Virxe das Cabezas. Unha tradicional celebración que ten moitos anos e á que acude xente de todo o Salnés e outras zonas de Galicia.

Moitos van a oir unha misa e pedirlle á Virxe que lle cure os males da cabeza ou enfermidades dos nervos, para o que lle ofrecen figuras de cera. Tamén din que mellora a intelixencia e a memoria dos estudantes.

É costume ir andando en grupos, sobre todo de xente moza, e pasar alí o día de festa.

A lenda de San Ero

Nun lugar da Armenteira existía un mosteiro moi antigo, fundado por un ancián que alí tiña o seu pazo. Recolleuse nun santo recinto para facer oracións e penitencia e chamou a San Bernardo para que lle axudara a lograr o que se lle propoñía; foi no ano 1149.

Ao señor da Armenteira que se chamaba don Ero elexírono para ser o abade do novo mosteiro. Ero era un devoto da virxe Santa María e acostumaba nos seus rezos a pedir coñecer o paraíso.  Conta a lenda que saía moitos días para relaxarse un pouco camiñando polo bosque que había no declive do monte Castrove, próximo ao mosteiro.

Un día adentrouse  na horta  e atopou unha fonte de auga clara e barbullante, que semellaba ofrecerlle un apacible repouso á sombra dunha frondosa árbore. O ancián abade, pechou os ollos beatificamente e, como tiña por costume, rogou á nosa señora

-Oh virxe! Qué será o paraíso? E non podería miralo antes de saír de aquí?

Entón, nas árbores de pólas frondosas comezou a cantar un paxariño. A música era tan agradable e tan armoniosa que o ancián esqueceuse do tempo que pasaba e botou alí tumbado 300 anos, parecéndolle que non había estado máis que un chisquiño.  Despois de esperatar o ancián abade, encamiñouse cara ao mosteiro; pero ao chegar, atopouse cun gran pórtico que nunca vira, e dixo :            

-Ai , Santa María me vaia!  Isto no é un mosteiro!

Con todo entrou nel e os monxes ao velo sentiron un gran pavor; e o prior preguntou:

-Amigo, quen es ti ? Que buscas aquí ?

Cando souberon o a que Don Ero lle tiña acontecido, o abade, e todos os monxes exclamaron asombrados:                                   

``Nunca tan gran maravilla

como deus por este fez

polo rogo de sa madre 

Virgen Santa de gran Prez ! ´´

Este é un dos milagros da virxe María cantadas polo rei Alfonso X o Sabio nunha das súas famosas cantigas  de Santa María (a número 103).

Cabanillas tamén lle adicou un poema titulado “O paxaro de Armenteira”

... Oindo o canto dun paxaro estivo

trescentos anos, -como o lin o escribo-

i ó chegar ó mosteiro de retorno.

o novo monacal coro ademira

que o anaco de pan con que saíra

tres sigros antes... inda estaba morno!