Un robot explora o vertido de fuel nas Canarias
Catro días despois do afundimento do pesqueiro con bandeira rusa Oleg Naydenov (levaba consigo 1.400 toneladas de fuel) a unha profundiade de 2.400 metros, e a unhas 15 millas (24 kilómetros) ao sur de punta de Maspalomas, este segue soltando fuel nunha grande mancha contaminante que viaxaba en dirección suroeste, empuxada polo vento e as correntes mariñas. O martes estaba previsto que un robot tipo ROV (submariño non tripulado) realice unha exploración do buque afundido segundo informaba o Ministerio de Fomento
Un secretario do Estado de Infraestructuras, Julio Gómez-Pomar, aunciou este sábado no porto das Palmas unha reunión do comité de coordinación e na reunión asegurou que o estado do mar segue sen permitir que comence a recollida do vertido.O goberno español contratou un robot submariño á compañía noruega Otech Marine Services. Este robot non ten custo fixo, variará segundo a súa utilización.
O Instituto Español de Oceanografía (IEO) dispón dun ROV capaz de operar a más 2.000 metros de profundidade. Fomento decantouse polo robot noruego porque considera que nin o robot do Instituto Español de Oceanografía nin outro de Salvamento Marítimo son axeitados a 2.400 metros de profundidade e incluso en absoluta escuridade.
Gómez-Pomar xustificou as decisións tomadas porque a principal preocupación foi protexer as vidas humanas e deseguido salvagardar a infraestructura portuaria e outros buques, e por último o tema de preocupación era a contaminación mariña.
Un avión de Salvamento Marítimo volveu a sobrevoar este sábado a zona contaminada e informou que o punto de maior densidade de hidrocarburos atopábase a uns 70 kilómetros da costa canaria. A mancha ten unha extensión de máis de 30 kilómetros.
Estaba previsto que chegaría de noite á zona el buque anticontaminación Luz de Mar, enviado desde Cádiz. O presidente da Sociedade de Estudos de Cetáceos de Canarias e o científico Vidal Martín advirten que aparte de levar buques para a recollida de fuel, debería haber na zona, barcos preparados para recuperar as aves que puideron verse afectadas pola contaminación.