Rematou o 2014, benvidos ao 2015

11 Xaneiro 2015
2014-15

Comezamos un novo ano e cumplimos catro anos coa Buxaina, 44 edicións nas que tentamos amosar os traballos realizados polo alumnado nas áreas científicas e algunhas achegas de colaboradores ou recollidas da Internet.

O 2014 foi o ANO MUNDIAL DA AGRICULTURA FAMILIAR e, con este tema como eixo, fixemos numerosas actividades: experiencias, exposicións, a Semana da Ciencia...

O 2015 está adicado á LUZ e as TECNOLOXÍA RELACIONADAS COA LUZ, e ademais e o ANO INTERNACIONAL DOS SOLOS, dous temas que centrarán parte da nosa actividade.

Agardamos seguir contando coa colaboración dos todos e todas para facer un seguemento das noticias científicas e que os lectores poidan seguir gozando da novidade, da orixinalidade e da calidade dos contidos.

Neste enlaces podes informarte sobre algúns dos descubrimentos científicos máis relevantes ou curiosos de 2014.

http://www.taringa.net/post/ciencia-educacion/18318969/Inventos-y-descubrimientos-cientificos-del-2014.html

http://esmateria.com/2013/12/19/los-10-descubrimientos-cientificos-del-ano/