Rematou o 2012 e dámoslle a benvida ao 2013

4 Xaneiro 2013
paso ano

O ano 2012 foi o Ano da Enerxías Renovables para Tod@os, e na nosa revista adicámoslle unha canle especial. Fixemos numerosos traballos sobre os tipos de enerxía e as últimas novedades tecnolóxicas aplicadas ás enerxía renovables. No centro celebramos a Semana da Ciencia, unha gran exposición e varios obradoiros aplicados ás enerxías.

Foi tamén un ano de descubrimentos científicos, moitos deles recollidos en traballos aquí publicados como o Bosón de Higgs, novas especies animais, predicción de erupcións volcánicas, novos planetas, exploracións a Marte... e non ramatou o mundo, como predecían algúns que crian nas profecías maias.

A comunidade internacional decidiu declarar o ano 2013 como Ano Internacional da Cooperación na esfera da Auga e Ano Mundial da Quinoa.

Agardamos seguir contando coa colaboración dos todos e todas para facer un seguemento das noticias científicas e que os lectores poidan seguir gozando da novidade, da orixinalidade e da calidade dos contidos.

Nestes enlaces podes informarte sobre algúns dos descubrimentos científicos de 2012.

http://listas.eleconomista.es/ecoaula/1616-los-grandes-descubrimientos-c...

http://www.taringa.net/posts/ciencia-educacion/14210483/Descubrimientos-...

http://www.cibermitanios.com.ar/2012/01/inventos-y-descubrimientos-cient...