Reciclaxe, cada vez máis necesaria
Como consumidores, o consumismo promovido polas empresas tecnolóxicas e “a necesidade de estar á última”, son factores que provocan nos cidadás un incremento na compra de novos equipos electrónicos xa sexa un Pc, un Smartphone, unha Tablet etc. Incrementándose desta forma o número de dispositivos, e ao mesmo tempo o número de futuros residuos.
Respecto ao consumo de tecnoloxía o que máis se incrementa é a venda de móviles, smartphones, que arrasan nas campañas de nadal e que ao cabo de cada ano incorporan melloras fascinantes que te deixan “obsoleto” e que invitan ao cambio por outro máis novo e moderno para estar desta forma á vangarda. Segundo indican estatísticas cambiamos de móvil cada 12-16 meses e só no 2007 vendéronse mil millóns de móviles novos, e esta cifra segue en aumento. É certo que co paso do tempo evolucionaron eliminando compoñentes tan nocivos e perigosos como o cadmio que pode contaminar 600.000 litros de auga potable ou o mercurio. Pero aínda así constitúen un gran problema medioambiental polo gran número de dispositivos vendidos, dos cales únicamente se recicla un 5% na UE, mentres que ao redor de vinte millóns se atopan, no mellor dos casos nas nosas casas, xa que moitos son tirados ao lixo, contaminandoo e impedindo o posible uso para compost dos residuos orgánicos e, no caso de chegar a incinerarse emitindo gases moi perxudiciais para a atmosfera e os seres vivos que as inhalen.
No proceso de reciclaxe dun móvil obtense ao redor do 85-90% de compoñentes reciclables que fundamentalmente son cobre, cristal, ouro, paladio, prata e plástico entre outros, que se poden empregar en novos terminais reducindo custos de extracción de minerais como o cobre e de enerxía.
Nun móbil podemos atopar ata mil compostos diferentes, nos que a batería e o máis perigoso pola sua capacidade para contaminar auga, aire se se queima etc. Aínda que a UE adoptou medidas para a correcta reciclaxe das baterías antigas que conteñen cadmio e para as novas, aínda que se centra máis nas antigas, non surtiron efecto, entre estas medidas incluíron a obriga para os comercios de recibir móviles vellos, aínda que moitos néganse complicando deste xeito a correcta reciclaxe. En España rexímonos polo Real Decreto 208/2005 que recolle obrigación para productores e importadores, distribuidoras e comercios e finalmente para o consumidor.
Aínda que útil e inofensivo, un teléfono móbil pode ocasionar grandes problemas como por exemplo ó abastecemento de auga porque algún dos seus componentes son unha auténtica ameaza para a natureza.