Por que rebotan as pedras na auga?

30 Abril 2014
pedras-auga

Este movemento levámolos repetindo miles de miles de anos, debido a que é un entretenemento moi antigo e, simplemente, é divertido.

Pero, alguna vez vos preguntastes, por qué rebotan unha e outra vez as pedras, ata que se afunden? Ben, pois esta pregunta vouvola a responder agora mesmo.

O “Salto da Rá”. Así é como se lle chama a este movemento tan curioso. O éxito que conseguemos no seu lanzamento, dependen de moitos factores, como o tamaño da pedra, a súa forma, a velocidade coa que a lances e inclusive o ángulo co que é lanzada tamén. Para conseguir un bo lanzamento, temos que considerar unha velocidade de 5 a 12 m/s e un ángulo de 20º. A continuación, vou describir as distintas fases deste rebote:

1-Primeiro Rebote: Ao lanzar a pedra, choca por primeira vez a auga e actúa unha forza de reacción sobre a pedra, que pode descompoñerse en otras dúas: unha forza horizontal que a frena e outra vertical ca misma dirección e de sentido inverso ao seu peso. Ao darse esta forza de maior magnitude que o peso, sae a pedra rebotada e despedida noutra dirección, sen afundirse.

2-Segundo Rebote: A pedra volve a chocar contra a auga, pero agora cunha velocidade menor, feito consecuente, que fai que a pedra penetre máis profundamente na auga e, polo tanto, que a superficie de contacto sea maior. A forza de reacción diminúe, pero aínda é maior que o peso, e a pedra sae rebotada, sen afundirse, pero cun ángulo moito menor.

3-Afundimento da Pedra:Tras varios rebotes, cada mez máis próximos entre sí, a pedra vai ao fondo da auga, debido a que perde a forza necesaria para continuar rebotando, e o seu peso é maior, polo tanto introdúcese na auga. Pero, antes do afundimento, a pedra é incapaz de rebotar e deslízase sobre a superficie da auga ata que o seu empuxe é menor que o peso.

rebote pedras