Razas autóctonas galegas

9 Xaneiro 2015
vaca cachena

Galicia conta desde tempos remotos cunha variada riqueza de razas autóctonas. Moitas estiveron en perigo de extinción e nos últimos anos estase a facer un importante traballo para a súa conservación e recuperación.

As razas autóctonas etán adaptadas ás condicións ambientais do noso medio e constitúen ademais un patrimonio histórico e cultural da nosa comunidade, onde ademais de axudar na xestión do territorio e na modelaxe das distintas paisaxes da nosa terra serven como exemplo de gandería sostible.

A Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga), constituída en 2001, agrupa a criadores de razas de vacún (limiá, caldelá, vianesa, frieiresa e cachena), ovella e cabra galega e galiña de Mos.

Ademais existen agrupacións de criadores de vaca rubia galega, porco celta e cabalo galego. A lista complétase co burro fariñeiro galego e con tres razas de cans: o guicho, o palleiro e o podengo galego.