As ras

8 Septembro 2013
ra

No estanque do Instituto hai moitas ras. Ultimamente cantan cando estamos en clase e temos que pechar as ventás.

A ra é un anfibio de pel lisa e suave e ollos saltóns que poden ver case en calquera dirección e tímpanos auditivos externos. Os adultos non teñen cola. Teñen as patas de atrás longas, o que lles permite dar grandes saltos, e pés palmeados, que as converten en excelentes nadadoras.

A maioría das ras, en especial os machos, emiten sons. Ao expulsar o aire dos pulmóns, estos fan vibrar as cordas vocais da larinxe, producindo sons característicos das diferentes especies. Os machos das especies que teñen un saco resonador –que se infla enormemente cando a ra emite sons para atraer á súa parella- produce un son moito máis intenso. A lingua das ras está fixada na parte anterior da boca e está cuberta dunha substancia pegañenta que a converte nunha trampa eficaz para cazar insectos.

ra 1

As ras teñen metamorfose. Poñen os ovos na auga, onde nacen as larvas (cucharillas, cabezolos, cágados) que teñen cola e non teñen patas. Co tempo vanse transformando e asemellando aos seus pais.

Viven en zonas húmidas. Aínda que respiran aire, pasan moito tempo debaixo da auga.

As rans, ao igual que todos os anfibios, son especies protexidas porque corren perigo de extinción. Cada vez quedan menos lugares onde se poden atopar anfibios de xeito natural.