A raíz de maca
7 Xaneiro 2015
A maca ou maino (Lepidium meyenii) é unha planta orixinaria do Perú. Atopouse en moitos xacementos arqueolóxicos pre incaicos. Era considerada como planta dos deuses e utilizada en rituais. Os poboadores andinos, na antigüedade, utilizábanna para mellorar as súas capacidades físicas e mentais.
Emprégase como alimento: fresco ou seco (raíces), en cápsulas, fariña… como suplemento alimenticio. Ten importantes aplicacións medicinais: dise que as súas raíces posúen propiedades que aumentan a fertilidade en persoas e animais, que son beneficiosasa para o sistema nervoso (en especial para a memoria).