Quinto trasplante de brazos
O quinto transplante de brazos no mundo, e o segundo en España, foi realizado con éxito por un equipo de ciruxáns españois composto por máis de vinte persoas.
O paciente, Luís, sufriu a amputación dos brazos, á altura da axila, hai xa case dous anos, a causa da complicación dunha grave queimadura eléctrica, que lle causou ademais outras feridas graves no abdome e nas pernas.
Antes da operación tivo que someterse a avaliacións psicolóxicas, dada a complexidade da operación e as repercusións psicolóxicas que a nova vida puidera ter para as persoa intervida.
A operación prolongouse durante máis de 20 horas, e destacouse a complexidade que tiña este caso ao presentar o paciente unha amputación dos membros por riba do cóbado. Trátase dun transplante que consiste en transferir bloques de tecidos vascularizados dos brazos.
Tras un período de recuperación no hospital recibiu o alta médica. Neste momento non pode moverse, xa que as cicatrices nos brazos aínda están en proceso de curación, pero dentro de tres a seis meses Luís poderá flexionar os cóbados, e nun ano, utilizar as mans.
Debido á complexa operación, o paciente terá que tomar medicamentos o resto da súa vida, e ademais é moi probable de que aínda teña dificultades para a adaptación dos membros implantados.
O director da Organización Nacional de Transplante, Rafael Matesanz, xunto a responsables do Hospital Universitario La Paz e o coordinador da Oficina Rexional de Transplantes, din que se trata do primeiro transplante de brazos deste tipo realizado na Comunidade de Madrid.