A química da roupa

30 Abril 2014
roupa

Sen darnos conta convivimos cada día con máis de 100.000 substancias químicas, moitas das cales son perxudicias para o noso entorno ou saúde.

A estas están asociadas o aumento de enfermidades como o asma, o cancro ou alerxias. Moitas destas sustancias están presentes na roupa.

O sector téxtil emprega tóxicos, a maioría das veces de forma innecesaria, quizais por que non atopan sustitutos aos mesmo ou por que lles convén no ámbito económico (saelles máis rendible). Moitos destes tóxicos non poden ser degradados de forma natural, polo que persisten no medio e acumúlanse nos tecidos.

Cando mercamos roupa non nos decatamos de que tamén estamos mercando substancias como chumbo, moi utilizado en tintas e pigmentos, níquel” que se emprega en procesos de tintado, “cromo VI” usado en pigmentos, en produtos de caucho o no curtido da pel (moi tóxico e un coñecido canceríxeno humano). Existen máis como arilaminas, formaldehídos, alquifenois…

Debido a isto no noso sangue hai máis de 200 substancias químicas que non se atopaban en xeracións anteriores (como a dos nosos avós).

Pero a verdade e que as leis non obrigan á industria química a ser transparente ou a eliminar as substancias máis perigosas para a nosa saúde e o medio ambiente. Polo tanto, o gran problema é a falta de información do consumidor sobre este tema.

Relacionado con este tema, tamén existe outa fonte de elementos químicos tóxicos perxudicais para nos. Isto é o suavizante.

O suavizante que empregamos para lavar a roupa na lavadora está repleto de substancias químicas, algunhas delas son por exemplo:

Alfa-terpineol (fórmula molecular: C10H18O): pode provocar trastornos do sistema nervoso, dores de cabeza, irritación entre as membranas mucosas...

Acetato de bencilo (fórmula molecular: C9H10O2): está ligado ao cancro de páncreas e os seus vapores irritan ollos e vías respiratorias.

Alcohol bencílico (fórmula molecular: C6H5CH2OH): pode causar trastornos no sistema nervoso central.

Cloroformo (fórmula molecular: CHCl3): canceríxeno.

Acetato de etilo (fórmula molecular: CH3COOCH2CH3): dano renal ou hepático.

Terpinoleno (fórmula molecular: C10H16): canceríxeno.

Habitualmente a xente non padece destes trastornos, pero sí un colectivo cada vez maior de persoas. Por iso hai que estar máis informados e concienciados cos elementos tóxicos do noso ambiente.