A química está en todo

2 Novembro 2011
química t

Cando alguén escoita falar de química pensa nun laboratorio e en científicos entre tubos de ensaio, probetas e produtos químicos, pero o certo é que se nos pararamos a pensalo só un pouco, rapidamente nos decatariamos de que en realidade, estamos rodeados de química... Usamos xabóns, perfumes, fertilizantes, insecticidas, pilas alcalinas, combustibles... Que sería de nos sen anestésicos nos quirófanos, sen medicamentos, sen auga potable, sen papel, sen tinta, sen cores, sen roupa e tantos e tantos outros materiais? A nosa cociña é un laboratorio onde mesturamos alimentos e os facemos reaccionar entre si. E que é o noso organismo e o seu funcionamento máis que compostos químicos entre os que se están a producir reaccións continuamente?. Incluso os nosos sentimentos son química. Pero química tamén hai, aínda que non nos guste tanto lembralo, na chuvia ácida, a contaminación, a capa de ozono, o efecto invernadoiro...