A primeira clonación humana

18 Xuño 2013
células nai

Tras o fraude de hai unha década dun falso éxito de clonación humana, hoxe por fin podemos aceptar esa idea, de case ciencia ficción, como real e auténtica.

Tras a transferencia do núcleo a partir de células da pel, uns científicos estadounidenses conseguiron crear células nai embrionarias capaces de transformarse en calquera outro tipo de célula do corpo. Isto resulta unha nova forma de xerar células nai en pacientes con tecidos e órganos danados rexenerando e reemplazando aquelas células en mal estado. Ademais tamén se poden mellorar enfermidades que hoxe en día afectan a millóns de persoas no mundo como por exemplo o párkinson e algunhas lesións na medula espiñal. Estas células adquiren as características de calquera outro tipo de células e rexenéranse co material xenético nuclear do paciente co cal non hai posibilidade de rechazo.

Como sempre, isto pode ser levado á denuncia debido a cuestión éticas xa que a transferencia nuclear é a mesma que se levou a cabo cando se clonou a ovella Dolly no 1996. Porén, o líder do equipo científico que levou a cabo a investigación, apresurouse a asegurar que a súa intención non é a clonación de seres humanos, pero como todos sabemos, calquera outro acabará por encamiñala cara ese fin en cuestión de tempo e sobre todo de diñeiro.