A primavera

29 Marzo 2014
primavera

A primavera comeza  co equinocio de primavera (entre o 20 e o 21 de marzo no hemisferio norte, e entre 22 e 23 de setembro no hemisferio sur), e remata co solsticio de verán (arredor do 21 de xuño no hemisferio norte e o 21 de decembro no hemisferio sur.

Está estación trae varios problemas a algunhas persoas, como as que son alérxicas ao pole. As paisaxes son mi bonitas xa que as plantas empezan a florecer, as arbores botan outra vez as súas follas, flores... Todo reverdece e énchese de cores. Esta estación e vital para plantas, xa que é cando se reproducen e ten lugar a polinización coa axuda do aire, insectos… Por todas partes vemos os insectos de flor en flor levando o pole.

Tamén hai festas e tradicións que son típicas de esta estación. Unha das máis bonitas para min é a dos maios, una peculiar festa moi tradicional de Galicia.

Trátase de facer unha árbore de calquera material, despois decórase, normalmente con plantas e flores típicas da primavera (fiunchos, chuchameis, bugallos...). Unha vez feita a arbore danse voltas á arbore co ritmo dunha canción acompañada con paus que se golpean.

Na literatura a primavera representa a xuventude.

Na mitoloxia grega a deusa da primavera, Perséfone, e raptada polo deus do inframundo, Hades e a súa nai Deméter ponse triste e non coida a Terra. Vendo a situacion Zeus dille a Hades que devolva a Perséfone pero non pode volver porque Hades deulle unha granada do inframundo. Zeus establece un trato: a metade do ano Perséfone estará con Deméter e a outa metade con Hades. Por iso cando está con Deméter é a primavera e con Hades o inverno.