Premio Nobel de Física
O Premio Nobel de Física é entregado anualmente pola Academia Sueca a científicos que sobresaen polas súas contribucións ao campo da física.
O comité confórmase por cinco membros escollidos pola Real Academia Sueca das Ciencias. O primeiro gañador do Nobel de Física foi Wilhelm Conrad Rötgen, en 1901. Os gañadores reciben unha medalla, un diploma e un premio económico.
Este ano, os gañadores foron os xaponeses Isamu Akasaki e Hiroshi Amano, e o estadounidense Shuji Nakamura, por crear a luz LED azul.
Os díodos verdes e vermellos existen dende hai moitos anos, pero sen a luz azul é imposible crear lámpadas. A luz azul foi unha incógnita durante tres décadas. As súas invencións foron revolucionarias; agora o século XXI estará iluminado de lámpadas LED. As lámpadas LED son perdurables e fan un uso eficiente da enerxía e teñen potencial para mellorar a calidade de vida de máis de 1.500 millóns de persoas.