Premio Nóbel de Química 2010

10 Febreiro 2011
Premio Nóbel Química 2010

A Real Academia Sueca das Ciencias anunciou a concesión do Premio Nobel de Química 2010 aos científicos Richard F.Heck (EE.UU.), Ei-ichi Negishi (Japón), e Akira Suzuki (Japón), pola creación dun método para mellorar o modo en que interactúan as substancias orgánicas.

Ista é unha ferramenta precisa e eficaz para unir átomos de carbono e así sintetizar moléculas complexas que mellorarán a calidade de vida das persoas. O proceso consiste na formación de enlaces carbono-carbono por medio dun catalizador de paladio.

Esta técnica xa se empregou para sintetizar unha substancia, tomada dun pequeno invertebrado mariño, que é efectiva contra as células canceríxenas de colon. Tamén servirá para sintetizar moléculas novas con aplicacións en campos como a mediciña, a agricultura, o sector industrial químico e incluso para o desenvolvemento de compoñentes electrónicos.