A pouca luz, ollos grandes

Un recente estudio pon de manifesto que o tamaño dos ollos das aves depende da cantidade de luz do seu medio
6 Decembro 2014
Tamaño ollo aves

Este artigo suxire que as aves da selva do Amazonas teñen os ollos máis grandes para adaptarse mellor á pouca cantidade de luz. Non obstante, a pesar deste beneficio para elas, existe un costo, como danos oculares polo exceso da luz.

No Amazonas, a elevada altura das árbores e a enmarañada vexetación permite diferenciar zonas de luminosidade moi variadas. Cada especie das que integran a comunidade de aves desta rexión, unha que por certo é a máis diversa do mundo, elixe os seus hábitats en función da distancia do borde do bosque e a altura da vexetación na que viven.

Este estudo sobre a influencia da luminosidade do hábitat no tamaño relativo dos ollos nun grupo de especies de aves amazónicas, foi levado acabo polo Museo Nacional de Ciencias Naturais. O traballo suxire que as aves que viven nas zonas con menor cantidade de luz, ao ter os ollos máis grandes, poden alimentarse máis cedo ao comezo do día e aumentar o seu período diario de actividade, pero un exceso de luz nestas aves, produciría danos nos ollos.

Tucán

A primeira fase do estudo consistiu en censar as aves e as distintas distancias do borde da selva co fin de caracterizar a súa elección do hábitat e despois determinar a relación entre estas variables e o tamaño relativo dos ollos. As medicións do tamaño do ollo leváronse a cabo sobre fotografías, utilizando como escala o tamaño do pico (medida obtida dos exemplares da colección do Museo de Historia Natural de San Paulo).

Os resultados amosan que as aves que viven en zonas máis internas da selva, e polo tanto aves que contan con pouca luminosidade, teñen ollos de maior tamaño que as que viven nas marxes.

Outros exemplos que se poden poñer son os peixes abisais ou as aves nocturnas, especies nas que un maior tamaño ocular aumenta a capacidade visual permitindo distinguir présas ou depredadores e facilitando a comunicación na escuridade.