A Porta do Alén
2 Novembro 2011
A Porta do Alén, un lugar máxico para entrar en contacto co mundo dos mortos.
No cume do monte Seixo hai unha curiosa formación rochosa coñecida co nome de Portalén, Porta do Alén ou A Porteliña que garda unha importante tradición relacionada co Samaín a a Noite dos Defuntos.
Quen desexe falar coas almas do mundo dos mortos ten que ir, preferiblemente na noite do día de Defuntos e, despois de pasar pola porta depositar unha ofrenda de pan, viño ou unha candea. O que lle revelen as ánimas é segredo e se o conta quedará coa voz ronca. Hai que cruzar a porta de leste a oeste e regresar desandando os pasos para que a alma non quede atrapada no outro lado.