A polinización

31 Maio 2014
polinización

A flor é a parte da planta que contén as células reprodutoras. Para transportar as células masculinas (pole) ata as femininas (óvulos) precisa da axuda do vento, a auga, os animais…

As plantas con flores producen distintas adaptacións para que o seu pole poida ser transportado polo vento (grandes cantidades que se liberan ao aire, estruturas lixeiras, estigmas plumosos para recollelo…) ou para atraer aos seus polinizadores (emprego de cores chamativos, olores, alimento…).

Pero o que é bo para as plantas, resulta unha gran molestia para moitas persoa ás que o pole lles produce alerxia.