A píntega
A Píntega é un anfibio que vive en zonas húmidas e que se ve en tempo frío e húmido. Destaca pola súa cor negra con manchas amarelas.
A Píntega é tan terrestre que se cae á auga pode ata perder a vida, de tódolos xeitos non anda moi lonxe dos ríos Para evitar seren atacadas por outros animais, a súa pel conten pequenas cantidades de substancias tóxicas. Pode vivir ata 25 anos. Unha das súas defensas é facerse a morta, ponse panza arriba e a esperar, ás veces dalle resultado.
En Galicia atópase unha subespecie, a Salamandra salamandra gallaica.
Os labregos en Galicia sempre tiveron á píntega como velenosa, pensaron que podía danar ao gando se chegaba a tocar o orballo que se pousaba non pastos. A realidade é que é inofensiva e moi beneficiosa para os campos xa que se alimenta de caracois e insectos.