Petra, o primeiro temporal de abri

Ventos de ata147 km/hnalgúns puntos de Galicia
3 Maio 2012
Petra

Desde o sur do Reino Unido chegounos unha forte borrasca, (cicloxénese explosiva), un centro de baixas presións bastante profundo cunha fronte fría asociada bautizada como Petra pola Universidade Libre de Berlín.

Ao seu paso por Galicia deixou ventos de ata147 km/h(Carballeda de Valdeorras), intensas chuvias de ata74 litrosen 12 horas (Santa Comba) e ondas de máis de6 mde altura. Afectou na madrugada do 25 de abril ás provincias de Pontevedra, A Coruña e Lugo e pola mañán a Ourense.

Despois do seu paso quedou unha morea de árbores caídas e numerosos desperfectos en embarcacións, postes de teléfonos, antenas, contedores de lixo, carteis...

O mar cobrouse a vida de Ovidio Lema Pérez, de 50 anos, residente en A Ponte do Porto (Camariñas), que desapareceu a primera hora da tarde cando pescaba nunha zona rochosa próxima ao Cemiterio dos Ingleses (Camariñas).

Dous caldeiróns mortos apareceron nas praias de O Vilar e Ponzos (Covas, Ferrol). Un cachalote de nove m apareceu varado na praia de Panxón (Nigrán).

O vento obrigou a desviar un voo que debería aterrar en Santiago.