Pérolas de ouro

29 Outubro 2014
pérolas de ouro

Unha pérola ou perla é un corpo máis ou menos esférico que se produce no interior do corpo dun molusco, especialmente das ostras.

As pérolas naturais fórmanse cando un corpo estraño penetra no corpo do molusco, que reacciona lentamente cubrindo a partícula cunha mestura de cristais de carbonato de calcio e unha proteína (conchiolina) formando a nácara, a mesma substancia que reviste o interior da cuncha. A base de capas de nácara unha pérola pode tardar uns dez anos en formarse. Poden ser de cores e tamaños variados.

As pérolas de máis calidade son consideradas xemas.O valor determínase en función da forma, a rareza da cor (brancaa negra, dourada...) e o tamaño. Actualmente a maioría son cultivadas.

Neste presentación que collimos da Internet explícase o proceso de obtención das pérolas douradas.