Pequenos descubrimentos que nos permiten avanzar
Un grupo de investigadores da Universidade de Jilin, en China, desenvolveron un recubrimento de triple capa que protexe ao algodón da auga e do lume.
Os descubridores, Sanshan Chen, Xiang Li, Yang Li e Su Junqi intentaban atopar unha maneira de facer materiais retardantes de lume que duraran máis, cando deron cunha idea que levou á posibilidade de que estes materiais tamén fosen resistentes á auga.
Os retardantes de lume tenden a reducir a súa eficacia de recubrimento co seu uso prolongado ou os lavados continuos, polo que puxeron en marcha a idea de engadirlle unha capa resistente á auga e así axudar ao retardante a que ampliase a súa duración.
Desta forma, o proceso de elaboración consistía en :
-Somerxer unha tira de algodón en polietilenimina (C2H5N), que está composto por unha gran cantidade de grupos amino, e que se utiliza como axente de unión.
-Empapar a tira en polifosfato de amonio (NH4PO3), utilizado como retardante de chama polo seu alto contido en fósforo e nitróxeno.
-Bañar a tira nunha solución que consta de silsesquioxano e etanol (C2H6O), que ao mesturar dan lugar a un composto hidrófobo, é dicir, que repele a auga.
Posteriormente o equipo probou o material para ver se os revestimentos traballaban como se esperaba e viron que a tira tratada queimouse uns poucos segundos na base e logo apagouse. Ao contrario que as tiras sen tratar que se quedaban rapidamente reducidas en cinzas.
Para comprobar se o seu revestimento podería soportar o desgaste normal, o equipo someteu tiras tratadas a frotación mecánica unhas mil veces, e púidose afirmar que seguían sendo resistentes ao lume e á auga.
Os investigadores informaron tamén de que o material autorreparouse mediante a adición dunha segunda capa de moléculas hidrofóbicas cando a primeira capa é danada, porque o aire fíltrase e a auga fai que as moléculas da segunda capa enchan os ocos da primeira.