Penedos de Ponteareas
Ponteareas é un concello de Pontevedra, situado ao sur da provincia, preto de Vigo. Este concello está formado por vintecatro parroquias.
Ponteareas é unha poboación que nos pode aportar moita cultura xeral, xa que nela tanto podemos percorrer a ruta dos penedos, coñecer o castro de Troña, mirar moitas das iglesias románicas, visitar o Castelo Sobroso...
Ademais este lugar está cheo de historia xa que nel podemos oir falar por exemplo do que lle ocorreu a doña Urraca cando foi recluida no castelo polos nobles galegos e que despois fuxíu por un pasadizo ata o río Tea, de como este castelo foi destruído polos irmandiños e máis tarde volvérono a contruír…
En fin, son moitas as cousas que aquí podemos aprender, e das que eu vos contarei algo sobre a Ruta dos Penedos.