Un paseo por San Vicente do Grove

Xea
15 Febreiro 2014
San Vicente-Con Negro

Unha ruta seguindo a costa entre San Vicente do Mar e o Con Negro, no concello de O Grove; nun tramo de mar aberto para gozar da paisaxe e da loita do mar coas rochas.  

Podemos contemplar as vistas da costa exterior do Grove e a illa de Sálvora, observar as curiosas formas labradas na pedra pola auga e o vento e a diversidade de flora e fauna. Ideal para calquera época de ano, pero especialmente na primavera e coa marea baixa.

COMO CHEGAR: pódese facer lineal ou circular e tomar como punto de partida San  Vicente ou o Con Negro. A ruta ten un tramo acondicionado con pasarela de madeira entre San Vicente e a praia de Canelas e o resto é un carreiro paralelo á costa.

Distancia: 5 km (ida e volta pola costa) e 5,5 se se fai a volta polo interior.

Dificultade: baixa

Duración: 2 horas

ruta San Vicente-Con Negro