Un paseo de San Vicente ao Con Negro
11 Xaneiro 2015
Unha ruta seguindo a costa entre San Vicente do Mar e o Con Negro, no concello de O Grove.Nun tramo de mar aberto para gozar da paisaxe e da loita do mar coas rochas onde podemos observar as curiosas formas labradas na pedra pola auga e o vento.
COMO CHEGAR: pódese facer lineal ou circular e tomar como punto de partida San Vicente ou o Con Negro. A ruta ten un tramo acondicionado con pasarela de madeira entre San Vicente e a praia de Canelas e o resto é un carreiro paralelo á costa.
Distancia: 5 km (ida e volta pola costa) e 5,5 se se fai a volta polo interior.
Dificultade: baixa
Duración: 2 horas