Un paseo pola Arousa (II)

Illa de Arousa (centro)
Xea
12 Xaneiro 2013
Arousa dornas

Unha ruta circular pola Illa de Arousa que combina natureza, paisaxe e zona urbana. Para gozar de toda a diversidade biolóxica e cultural que se nos ofrece ao longo do percorrido.

COMO CHEGAR:

Partindo do Bao, e seguindo o sendeiro paralelo á nova estrada que vai ao Xufre, achegámonos por Riasón e a Punta Sapeira a Cabodeiro e desde alí, pasando pola Punta dos Furados, ao Xufre; do Xufre imos ao Cantiño e do Cantiño polo paseo imos á Salga e por Pedracerrada e a Praia Abilleira á Punta do Sal e á Punta Ouriceira e pola praia do Mallón a Espiñeiro desde onde atravesamos a Camaxe e volvemos ao Bao.

Distancia: 9 km

Duración: 3 horas

Arousa centro