Que pasa coa auga cando baixa a marea?

2 Xuño 2013
marea baixa

Os alumnos e alumnas de 1º ESO B fixemos un traballo que consistía en preguntarlle a familiares de distintas idades: nenos, medianos e maiores para onde cren eles que marcha a auga ao baixar a marea.

As respostas foron variadas e curiosas. A maioría respostaron en serio e uns poucos en broma.

Os nenos dixeron que a tragaba a area, que marchaba para o interior do océano ou tamén que non ía para ningun lado, que se desprazaba pola atracción da Lúa.

Os de mediana idade dixeron, ao igual que os nenos, que se desprazaba pola lúa, que baixaba nun lado e súbia no outro, ou que ía para o centro do océano.

Os maiores dixeron que se evaporaba, que ía para o Océano Atlántico ou que se xuntanba no medio do océano.

Algunhas respostas curiosas:

-“Cando máis de 100 persoas tiran da cadea do retrete sube o mar”

-“As baleas tragan a auga”

-“Vai para as piscinas”.

As respostas máis comúns son que se xunta no medio do océano pola atracción da Lúa que a fai subir e por iso se separa das costas (a máis correcta), ou que baina nun lado e sube noutro.