Parque Nacional e Reserva Denali

13 Xuño 2014
Denali

É unha grande área natural protexida situada en Alaska (Estados Unidos) onde se atopa unha das mellores representacións da natureza das latitudes nórdicas.

Ocupa unha superficie de 2.428.114 hectáreas. Inclúe a parte central, máis alta da Cordilleira de Alaska e os vales dos ríos McKinley, Toklat e Foraker e as montañas Kantishna e Wyoming. Ten grandes glaciares.

O clima presenta diferentes tipos, segundo a zona. A parte occidental ten un clima oceánico mentres que o resto do estado ten un clima continental e ártico. No veran hai entre 16 e 20 horas de luz.

Houbo asentamentos humáns na zona hai máis de 11.000 anos. As principais tribos dos últimos 500 anos foron os Koyukon, Tanan e Dena’ina. Está declarado Parque Nacional desde 1917.