Parque Nacional dos Lagos de Plitvice

13 Xuño 2014
lagos Plitvice

O Parque Nacional dos Lagos de Plitvice é o máis coñecido dos espazos naturais de Croacia, catalogado tamén como Patrimonio da Humanidade pola Unesco desde 1979.

É unha área que alterna 16 lagos de diferentes altitude comunicados por 92 fervenzas de espectacular beleza. Ten unha superficie de 30.000 hectáreas das que 22.000 son bosques, a maioría de faias. As diferenzas entre a altitude e os diferetes tipos de solos fai que sexa unha zona dunha gran biodiversidade. Entre a vexetación típica dos Alpes aparecen tamén especies mediterráneas. Na fauna destacan o oso pardo, o lobo, o lince, o gato bravo, a pita do monte, a águia, o bufo…