Parque Nacional da Illa de Coco

A illa dos dinosaurios
18 Maio 2014
Illa de Coco

Un exuberante paraíso do medio do océano, unha illa de 73.100 hectáreas situada a uns 535 km da costa pacífica de Costa Rica.

É un lugar único pola súa gra diversidade de flora e fauna mariñas e terrestres. Esta protexida como Parque Nacional desde 1978, Área de Conservación Mariña, Patrimonio Natural da Humanidade e Humidal Ramsar.  Acolle comunidades vexetais variadas: bosques costeiros (ata 50 m de altitude), bosques interiores (50 a 500 m de altitude) e bosques nubosos (máis de 500 m de altitude). Conta con 235 especies de plantas con flores (70 endémicas), 128 especies de brións e hepáticas, 90 especies de fungos. Hai grandes árbores como o copey, palo de ferro e a palma endémica. Tamén abondan os grandes fentos e as bromelias.

Están identificadas 100 especies de aves (4 endémicas); 5 de réptiles (dúas únicas), 400 especies de insectos (65 son endémicas), 60 de crustáceos; máis de 50 especies de outros artrópodos (arañas, cempernas, milpernas, isópodos...); 600  de moluscos; máis de 300 de peixes e 30 corais. Ademais de mamíferos mariños (baleas, caldeiróns, golfiños e lobos mariños), tartarugas (carei, verde e olivácea)

Científicos e naturalistas de todo o mundo empregan esta illa como unha estación de investigación permanente o que a converte nun dos laboratorios biolóxicos máis grandes e importantes do mundo.