Parque Nacional Arquipélago de Cabrera
O parque nacional do Arquipélago de Cabrera é un grupo de illas e illotes que forma parte das Baleares que conservan un ambiente natural dunha gran biodiversidade e pouco alterado.
É unha área de gran valor natural xa que, debido ao seu illamento chegou ata a actualidade case inalterada. A paisaxe litoral é unha das mellores conservadas das costas españolas e un dos mellores de todo o Mediterráneo. Acolle importantes colonias de aves mariñas e especies endémicas.
A illa de Cabrera foi visitada por fenicios, cartaxineses, bizantinos e romanos. Durante os séculos XIII e XIV foi empregada polos piratas berberiscos como base para atacar Malloraca. En 1808 foron encarcelados alís os soldados franceses prisioneiros na batalla de Bailén.
A finais do século XIX pasa a ser de propiedade privada e o Ministerio de Defensa expropiouno en 1916 para empregalo como base militar. Na actualidade o arquipélago de Cabrera stá protexido como Parque Nacional (desde 1991), zona ZEPA (Zona de Especial Protección para las Aves), Lugar de Importancia Comunitaria e Zona Especialmente Protexida de Importancia para o Mediterráneo (ZEPIM).