Por que parpadean as estrelas no ceo?

15 Febreiro 2014
estrelas

Cando chega o Nadal, as cidades son decoradas con ornamentos propios destas datas para embelecer as rúas, co fin de simular con estas, as estrelas que, nalgúns lugares sen contaminación, pódense ver durante toda a noite. Pero, por que razón as estrelas titilan?

Antonio Ruíz Elvira é un catedrático de física aplicada da Universidade de Alcalá, que afirma que en realidade o que cambia alternativamente é a atmosfera.

As variacións de temperatura de cada capa da atmosfera dependendo do vento nelas, causan variacións na dirección da luz de cada estrela dende que chega as capas altas da atmosfera ata que chega ós nosos ollos, na superficie.

A luz refráctese, é dicir,  provoca o cambio de dirección do raio de luz que pasa oblicuamente polo medio doutro de diferente densidade, como o fai nos cristais das xoias. Cando estas se moven, a luz refractada cambia de dirección como o fai a luz das estrelas.

A refracción vibrante e moito máis profunda cando a luz da estrela chega dende o horizonte, mentres que a Polar, que está arriba, varia moito menos. A atmosfera está sempre en movemento, e este é turbulento, en pequenos remuíños que se unen ata formar grandes fluxos de aire que producen o tempo metereolóxico.