Parche dirixido a distancia

4 Maio 2014
parche a distancia

Uns científicos de EEUU, China e Corea investigan uns dispositivos, en forma de parche, con circuítos integrados, sensores, sistema de comunicación por radio e unha cobertura de silicona.

Éste adhírese á pel, podendo pasar desapercibido, xa que é dun ton e cor semallante a ésta, podendo realizar un seguimento dos pacientes fóra do hospital.

Os parches non limitan os movementos naturais das persoas, podendo obter unha monitorización, contínua e a longo prazo, dos pacientes con algunha doenza.

Estes parches intelixentes están aínda en fase experimental. Segundo John Rogers, as futuras aplicacións van dende a vixilancia dos pacientes ó diagnóstico destes, sistemas para o control de próteses ou o control da cicatrización das feridas. Outros usos podrían ser nos ámbitos da cosmética, para monitorizar o estado da pel e tamén no deporte e entrenamento.

parche a distancia1