Papaventos en Sotavento
Na visita que fixemos ao Parque Eólixo Experimental faláronnos sobre a historia dos papaventos e ensináronnos a construílos e facelos voar.
Cómo se fan?
Cóllense catro paus finos de madeira (dos dos pinchos) e únense con celo formando un rombo. Lógo ponse outro pau en diagonal e dóblase formando un tetraedro. Fórrase con plástico de cor e na parte alta suxéitase unha corda fina para manexalo. Para voalos unimos varios formando unha estrutura en forma de pirámide, e a voar!.
Como se manexan?
Estivemos aprendendo a voar con papaventos planos de dous fíos e cos que nos construímos. Aprendemos a facer xiros e a controlalos. Haise que fixar de onde ven o vento, ten que darnos polas costas, para que o papaventos poida elevarse e voar. Os de dous fíos son máis difíciles de controlar, pero pódense facer movementos máis diversos. Cando está no aire hai que tirar da corda para a esquerda ou a dereita, segundo se queira que se mova o papaventos. Ensináronos a fecr un movemento chamado “Lupin” que consiste en elevar un pouco un brazo para que xirase, e logo elevar o outro para que descendeta.
Un pouco de historia:
A orixe dos papaventos non se sabe moi ben pero suponse que foron inventados na China hai máis de 2.500 anos . Para os chinos o voar papaventos era un exercicio de meditación. Pero os papaventos non tiñan so uso relixioso senon que tamen a usaban para a pesca, amarrando un anzó ao papaventose que botaban a voar sobre o mar. Tamén os empregaron para transportar persoas na guerra e como diversión. Thomas Edison, o creador do teléfono, inventou os papaventos tetraédricos.
Un curioso video