Ovos de entroido

Opinións sobre o dilema de tirar ovos no Entroido de Cambados
10 Marzo 2011
ovos

Dende hai tempo son moitas as maneiras de festexar o Entroido, case tantas como zonas nas que se celebra.

Duns ano ata hoxe en Cambados, na celebración do Entroido, cobran protagonismo o desfile de comparsas coas súas letras orixinais, o concurso de filloas, os bailes de disfraces cos seus respectivos concursos e, como non, o polémico lanzamento de ovos, costume este último que non é compartido por todos os cidadáns. Algúns vándalos tíranlle á xente que non participa na festa. Por unha banda é inxusto que non se poida, porque son dous días, e tampouco é unha esaxeración. Pero hai xente que se pasa e tíralle ata as persoas maiores. Outro dos problemas é que as rúas, paredes e escaparates quedan suxas e moitas veces con mal olor.

Ante o desfase a policía municipal nos últimos anos está a vixiar as rúas e incauta os ovos chegando nalgúns casos a facer denuncias e abrir expedentes con sancións. Os ovos que recollen, que nalgúns casos son moitos, lévanllos ao asilo de anciáns.

galiñas

Estas son algunhas das opinións recollidas:

-Hai xente á que lle parece ben, como parte da tradición do Entroido e como parte da festa, sabendo respectar a todos aqueles que non queiran participar da celebración. Pero o de tirar ovos á xente que non vai disfrazada e os molesta non lle parece ben.

-Se se divirten a tirar ovos que tiren, pero que o fagan entre eles e non contra a xente que non ten que ver.

-Á maioría da xuventude parécelle ben tirar ovos aos demais porque é divertido e pásano mellor. Son da opinión de que se non queren que lle tiren ovos que non se metan no medio.

Con ovos, ou sen eles o Entroido é unha festa e é responsabilidade de todos e todas conseguir que o pasemos ben dende o respecto.

See video