Outubro 2014

1 Novembro 2014
platano-froitos

Outubro é o décimo mes do ano e ten 31 días. O seu nome deriva de ser o oitavo mes do calendario romano.

No campo recóllese o millo, hai pocas verduras nas hortas pero é tempo de coles, acelgas, brécol, coliflor... tamén hai froitas como laranxas, mandarinas, caquis, kiwis... É tempo de cebar os porcos.

Na nosa zona hai uns anos facíase a esfolla do millo. Pañábase o millo e polas noites xuntábase a xente para limpar as espigas, ao rematar facíanse festas, cantábase e bailábase.

Algúns refráns recollidos en Cambados fan referencia aos traballos deste mes: “Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar”, “A verdura de San Simón da para o seu dono e máis para o ladrón”, “Outono a chegar, porco a cebar”.

Outubro-14-Cambados

En canto ao tempo, foi un mes moi tolo con grandes oscilacións de temperaturas. Houbo un temporal moi forte, a cicloxénese explosiva Margit, que afectou a Galicia producindo chuvias moi intensas co peor día o xoves 16; en Cambados recolléronse 70,3 litros. Tivemos varias semanas de calor por enriba do normal. O aire africano fixo disparar as temperaturas a máis de 30 º C. O peor día foi o 20; en Meaño rexistrouse a máxima de Galicia, con 31,2 graos.

O último fin de semana fíxose o cambio horario, atrasando o reloxo unha hora. Hai 108 minutos menos de luz que o mes pasado.