Outubro 2012

14 Decembro 2012
outubro

Outubro é o décimo mes do ano e ten 31 días. O seu nome deriva de ser o oitavo mes do calendario romano.

Caen as follas das árbores caducifolias, florecen os tollemerendas (crocus), maduran os froitos dos castiñeiros, os carballos, as nogueiras... Déixanse de ver os réptis e os anfibios, veñen as aves migratorias, desaparecen os insectos e vense as últimas eirugas das bolboretas.

No campo recóllese o millo, hai pocas verduras nas hortas pero é tempo de coles, acelgas, brécol, coliflor... tamén hai froitas como laranxas, mandarinas, caquis, kiwis... É tempo de cebar os porcos. Ábrese a veda do marisco e a tempada de caza

Na nosa zona hai uns anos facíase a esfolla do millo. Pañábase o millo e polas noites xuntábase a xente para limpar as espigas, ao rematar facíanse festas, cantábase e bailábase.

Algúns refráns recollidos en Cambados fan referencia aos traballos deste mes: “Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar”, “A verdura de San Simón da para o seu dono e máis para o ladrón”, “Outono a chegar, porco a cebar”.

O último fin de semana prodúcese o cambio horario, atráse o reloxo unha hora.

Hai 72 minutos menos de luz.