Outubro

2 Novembro 2013
outubro

Outubro é o décimo mes do ano e ten 31 días. O seu nome deriva de ser o oitavo mes do calendario romano.

No campo recóllese o millo, hai pocas verduras nas hortas pero é tempo de coles, acelgas, brécol, coliflor... tamén hai froitas como laranxas, mandarinas, caquis, kiwis... É tempo de cebar os porcos.

Na nosa zona hai uns anos facíase a esfolla do millo. Pañábase o millo e polas noites xuntábase a xente para limpar as espigas, ao rematar facíanse festas, cantábase e bailábase.

Algúns refráns recollidos en Cambados fan referencia aos traballos deste mes: “Polo Pilar, nabos á terra e viño a envasar”, “A verdura de San Simón da para o seu dono e máis para o ladrón”, “Outono a chegar, porco a cebar”.

Non foi un mes moi estable, houbo algunha alerta laranxa e bastantes desfeitas por toda Galicia. O pior día foi o 21 con inundacións e temporais de vento. Choveu 22 días e o día 24 recolléronse 55,3 litros. O día de máis calor foi o 8, con 26,43 ºC de máxima, e o de máis frío o o 30, con 4,88 de mínima. O día de máis vento poi o 28, cun refacho de 49,25 km/h, aínda que noutros lugares de Galicia chegouse aos 130 km/h.

O último fin de semana prodúcese o cambio horario, atrásase o reloxo unha hora. Hai 97 minutos menos de luz.