Oso polar, o xigante dos xeos
O oso polar é o maior carnívoro terrestre da actualidade e unicamente vive nas proximidades do Ártico.
Os machos poden acadar os 800 kg e os 3 m de lonxitude. As femias son máis pequenas.
É un animal perfectamente adaptado á vida no frío extremo. Está protexido por unha espesa capa de graxa e un denso pelaxe. O seu corpo está adaptado para a auga fría dos mares polares. As patas de adiante son máis longas para nadar mellor e mergullarse.
Está considerado como especie vulnerable. Pódese atopar en Alaska, no Canadá, na Groenlandia, na Rusia e no arquipélago noruegués de Svalbard. O seu habitat natural é a capa fina de xeo, onde lle é posible cazar focas. O encollemento das capas de xeo e o prolongamento do verán están a obrigar ós osos polares a buscaren comida en lugares habitados, colocando a especie en conflito coas persoas. A poboación actual de osos polares estímase entre 22.000 e 27.000 individuos, o 60% viven no Norte do Canadá.