Os Suricatos
16 Maio 2014
Os suricatos, Tamen chamados “Gatos de rocha” ou “Centinelas do deserto” son coñecidos por permanecer en pé nas súas extremidades traseiras, vixiando na pescuda ou para evitar ser sorprendidos polos seus depredadores.
Tamén son coñecidos polo seu agudo sentido de ulir que utilizan para localizar presas baixo terra. Son uns escavadores excelentes, en 12 horas son capaces de facer mais de 400 buratos buscando comida.
Os suricatos volvéronse moi populares despois da súa aparición no cine na película do ´´REY LEÓN´´ como Timón.