Os segredos do rodaballo

Este peixe plano é o primeiro vertebrado secuenciado xeneticamente en España
23 Marzo 2016
Rodaballo

O rodaballo, peixe moi demandado para o consumo alimenticio en todas a partes de Galicia, é o  primeiro vertebrado secuenciado  xeneticamente en España, ten unha visión máis especializada que outros peixes, xa que evolucionou para adaptarse á escaseza de luz dos fondos mariños. Ademais, os seus xenes falan da graxa das súas membranas celulares, que tamén duplica a doutras especies para poder soportar as baixas temperaturas das augas onde vive.

A secuenciación completa do xenoma deste peixe, levada a cabo por científicos da Universidade de Santiago de Compostela(USC), o Consello Superior de Investigacións Científicas(CSIC) e o Centro Nacional de Análise Xenómica de Barcelona, sacou agora á luz esta conclusión. O traballo abre novas portas a investigar non só a resistencia do rodaballo a distintas enfermidades senón tamén a profundar en cómo outros peixes responden a estas enfermidades.

Os investigadores identificaron máis de 22.000 xenes no ADN do rodaballo, unha cantidade semellante á que presenta o ser humano. Os resultados, según o traballo, poderán axudar a mellorar a súa cría en catividade escollendo os xenes para un mellor crecemento.

Grupo Acuigen

O rodaballo ten o corpo aplanado,  de forma romboide e con ollos no lado esquerdo, sofre un proceso de metamorfose durante o seu desenvolvemento é aquí onde toma a forma aplanada. Por esta condición, vive nos fondos mariños, o que implicou que se tivese que adaptar a condicións de escaseza de luz e augas máis frías.

Para tolerar esas baixas temperaturas, o rodaballo ten varios xenes relacionados cos ácidos graxos das membranas celulares que en comparación a outros organismos que viven a temperaturas máis altas duplican este número. A composición lipídica destas membranas é un factor clave á hora de soportar o frío.

Aínda que na actualidade o cultivo do rodaballo está ben, pero os principais problemas cos que se poden enfrontar os acuicultores están relacionados coa tendencia desta especie a contraer diversas enfermidades de orixe bacteriana, vírica ou parasitaria. Enfermidades para as que non existen aínda vacinas ou tratamentos eficaces.

Outro dos retos aos que se enfronta o sector é poder acurtar o tempo no que os exemplares deste peixe alcanzan a talla comercial.

Os resultados, publicados na revista DNA  Research, poderían empregarse no futuro para o deseño de programas de selección xenética que melloren a produción de peixe  para o desenrolo de posibles vacinas, segundo os autores.

See video