Os ríos galegos. Os novos doentes

27 Marzo 2014
estudo fauna ríos

Un recente estudo sobre a contaminación en canles de auga doce desvela os efectos que algunhas substancias teñen sobre os insectos que alí viven. Dito estudo realizouse en tres ríos galegos: O Sar, O Con e O Louro e nel colaboraban investigadores da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), expertos da Universidade de A Coruña e tamén da Universidade de Santiago de Compostela xunto coa Estación de Hidrobioloxía «Encoro do Con».

O traballo publicouse na revista Environmental Toxicology e centrábase no estudo das larvas do mosquito «Chironomus riparus». Ó comparar unha ampla batería de marcadores biolóxicos das poboacións afectadas con outras libres de tóxicos, revelaban diferenzas no comportamento de determinados xenes, relacionados coa resposta ó estrés, a desintoxicación ou a ruta hormonal (que controla o desenvolvemento e a metamorfose nos insectos). Entre estes destaca o xen hsp70 xa que os seus niveis de expresión eran moi superiores nas larvas contaminadas. Este xen é responsable da produción dunha proteína involucrada na protección das células ante o estrés, poñendo en perigo a súa supervivencia. Os mosquitos analizados son unha parte moi importante da fauna, un eslabón chave nas cadeas tróficas destes ecosistemas. Como moitos dos contaminantes ambientais se acumulan nos sedimentos nos que habitan estes insectos, os invertebrados son moi adecuados para os estudos con indicadores ambientais.

O río Con conta cos niveis máis baixos de materia orgánica, da que se alimentan os mosquitos, e estes presentan un gran descenso do glicóxeno. O estrés ó que están sometidos pola contaminación fai que necesiten máis alimento pero ó non dispoñer do necesario, recurren á súa reserva enerxética.

estudo fauna ríos1

Nas pezas bucais analizadas atopáronse deficienzas e deformidades anatómicas, é dicir, ou ben lles falta unha peza ou ben as teñen fusionadas. A maior incidencia atópase nos ríos Sar e Louro, ambos con maior diversidade de contaminantes e en maior concentración.

Este último ten os valores máis altos de pesticidas organoclorados, consecuencia das augas residuais pouco tratadas e vertidas de Porriño e Tui.
O río máis contaminado, o Sar, ten altos niveis de residuos de produtos farmacéuticos e alquinofenoles, que proveñen do hospital e dunha planta depuradora próximos ó río.
O río Con, é o menos contaminado pero rexistrou a maior cantidade de metais pesados, entre eles o cromo, o niquel (moi soluble en auga) e o cobre (pesticidas, herbicidas, insecticidas) de produtos químicos inorgánicos.