Os protectores solares atacan á vida mariña
Durante a época estival, son numerosas as persoas que elixen a costa mediterránea para veranear, aínda que é bo para a industria e o comercio, non é tan bo a nivel ambiental.
Segundo un estudo do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), no que analizaron os efectos dos protectores solares no medio unha vez liberados no mar, as cremas e os protectores solares producen compostos potencialmente tóxicos para a vida mariña. Os investigadores combinaron experimentos dentro do laboratorio con medicións nas augas dunha praia do mar Mediterráneo e descubriron que, cando son introducidos no mar durante o baño, parte destes cosméticos reaccionan coa radiación ultravioleta procedente da luz solar e liberan peróxido de hidróxeno (H2O2 ), máis coñecido como auga osixenada, un forte axente oxidante que, segundo explica o investigador do CSIC Antonio Tovar, do Instituto de Ciencias Mariñas De Andalucía ‘’resulta prexudicial para as microalgas mariñas’’ o que podería ter importantes consecuencias ecolóxicas nas zonas de costa.
O CSIC levou a cabo análises, que xunto con datos turísticos e o consumo medio de protectores por bañista, concretamente na illa de Mallorca durante unha xornada estival, pódense chegar a liberar ata 4kg de nanopartículas de dióxido de titanio (TiO2) no mar. Este estudo foi publicado na revista Environmental Science and Technology, e recolle a potencialidade tóxica destes produtos.
Xa que Europa ocupa o primeiro posto como destino turístico, principalmente grazas ás praias do mediterráneo, o CSIS plantexa a necesidade de que se leven a cabo esforzos coordinados entre a industria cosmética e o comercio con científicos, para así garantir a saúde do medio ambiente.