Por que os porros dan fame?

7 Abril 2015
porro

Un grupo internacional de científicos atopou unha explicación neuronal sobre a razón pola cal o cannabis aumenta a fame.

Segundo estudos feitos en ratos, as células nervosas encargadas  de reducir a sensación de apetito funcionan de xeito diferente ó habitual ó activarse o receptor cannoboide, por iso,  a sensación de saciedade desaparece.

O composto psicoactivo da marihuana inflúe sobre certos receptores do cerebro relacionados có sentido do olfato. Os ratos volvíanse máis sensibles ó cheiro da comida e aumentaba o seu apetito.